As WebQuest.
ORIXES.
As Webquest foron desenvoltas por Bernie Dodge en 1995 que o definiu como unha actividade orientada á investigación onde toda ou case toda a información que se utiliza procede de recursos da Web
"A WebQuest is an inquiry-oriented activity in which some or all of the information that learners interact with comes from resources on the internet" (Dodge, 1995)
COMPOÑENTES.
Os compoñentes dos que se conforma unha Webquest son os seguintes:
Introducción: Establece o marco e aporta algunha información antecedente.
Tarefa:O resultado final da actividade que os alumnos van a levar a cabo.
Proceso: Descrición dos pasos a seguir para levar a cabo as tarefas incluíndo os recursos que se poden usar e os pasos a seguir para a conclusión final das tarefas.
Recursos: Selección de enlaces ós sitios de interese para atopar a información relevante. Este elemento forma parte do apartado do proceso.
Avaliación: Explicación de cómo será avaliada a realización da tarefa
Conclusión: Recorda o que se aprendeu e anima a continuar co aprendizaxe.
TIPOS.
Hai dous tipos:
De CURTA duración: que teñen como obxectivo a adquisición e organización do coñecemento ( mediante a observación, análise e síntese).Está programada para que o neno interveña con ela durante tres sesións.
De LONGA duración: estas teñen como obxectivo a extensión e procesamento do coñecemento ( mediante a deducción, inducción, clasificación, abstracción, etc....) (Dodge, 1995a) . Soe estar programada para que o neno traballe con ela durante un período que dure entre unha semana ou un mes de clase.
POSIBILIDADES EDUCATIVAS DAS WEBQUEST.
As posibilidades educativas das Webquest, son as propias da teoría constructivista que comparten en moitos casos cos Blogs .A principal delas é o asumo de responsabilidades por parte do alumno que toma conciencia do coñecemento que vai construíndo por el mesmo, tamén son moi positivas para a educación dos alumnos porque propoñen unha maneira distinta de traballo sempre que se teña moi en conta a idade dos alumnos para que fagan un uso correcto da rede ou dos equipos informáticos á hora de pórse mans á obra cunha Webqest.
EXEMPLOS.
Escollemos as seguintes webquest que atopamos na rede:
a) http://www.eduteka.org/WQ_cie0001.php3
Esta primeira Webquest que imos a comentar é a relacionada con primaria que nesta ocasión tratará do ciclo da auga:
Esta webquest está feita para nenos que cursen entre 3º e 5º de primaria, e é propia da materia de ciencias naturais o principal tema desta webquest e coñecer todo sobre a auga e seu ciclo.
Nesta webquest poderíamos sacar moitos aspectos positivos e negativos:
Aspectos Positivos que observei:
As novas tecnoloxías son moi importantes na sociedade, e nesta Webquest ensínalles a navegar por internet xa que para encontrar as respostas ós exercicios formulados teñen que ir o apartado de “recursos” da páxina ó que lles permite ir pouco a pouco coñecendo e aprendendo a utilizar as novas teconolxías, ó que é moi importante é creo que é un aspecto moi positivo é motívante para os nenos que están a facer o traballo.
O traballar en 4 grupos fai que os nenos e nenas empecen a traballar xa desde curtas idades todos xuntos o que fai que teñan que pórse de acordo uns con outros e saber complementarse ben xa que a nota a levarán en conxunto.
Paréceme un traballo moi completo o que lles mandan facer nesta Webquest e se fan todo o que lles mandan o final da actividade entenderán perfectamente o tema que se esta a tratar.
En xeral paréceme unha Webquest moi completa ,ben estructurada e que calquera neno ou nena pode comprender á perfección.
Aspectos Negativos que observei:
Aínda que tódala información necesaria a teñen na Webquest é necesario que a actividade este dirixida e controlada polo mestre da materia é así tamén él pode ir observando o transcurso da actividade, que grupos o fan mellor e a grupos lles custa un pouco máis.
Tamén é importante que o tema que se trate sexa de agrado para os nenos senón eu penso que os resultados non serán moi bos, xa que senón hai moita motivación non haberá demasiado esforzo.
b) http://www.aulaintercultural.org/article.php3?id_article=394
Neste exemplo dunha webquest de música celta: vemos aspectos tamén positivos e negativos.
Os aspectos Positivos que observei son os seguintes:
O traballo faise por grupos de tres membros que teñen á súa vez unha misión persoal encomendada o que fai que os nenos adquiran certo grao de responsabilidade e se conciencien de que o bo traballo do grupo depende da boa coordinación do traballo de cada un deles e que si un non fai as súas tarefas estropea e retrasa o traballo dos outros.
Outra cousa boa é o propio deste medio: que usa internet para coñecer un aspecto da música como é o ambito celta coñecendo así non só grupos deste tipo de música senón tamén os instrumentos que se usan e a historia que acompaña a esta cultura tan antiga como significativa do arte celta europeo.
Algo que me pareceu moi positivo á par de motivante para o neno é que posúen un foro no que os nenos poden comentar todas as conclusíons ás que chegaron e o que lle pareceu a aventura pola rede e o descubrimento mais a fondo da música e cultura celta.
Outro aspecto a observar é que tamén comtempla varias formas de avaliación que son comunicadas ó alumno desde o principio co cal o neno pode escoller que facer para sacar unha puntuación ou outra aínda que isto tamén pode ser un arma de dobre fío posto que dependendo dos nenos, uns faran moito para sacar a máxima nota aínda que esto implique unha maior adicación á web e un maior esforzo do neno, e outros farán o mínimo para aprobar.
Ó ter que traballar en grupos poden pasar dúas cousas:que "gañen" os máis trablladores e por tanto arrastren os que pasan de todo e acaben facendo un gran traballo calificado cunha gran nota ou que suceda todo o contrario e non den todo o que poidan dar de sí.
Os aspectos Negativos que podríamos dicir son:
Se o trabllo non se coordina ben cun mestre que siga todo o proxecto os nenos poden trabllar por separado sen poñer nada en común o que faría que só se cumplira o obxectivo de manexar as tics pero non o de usalas para beneficio dun grupo o que pertences.
Outro pode ser, senon se trata ben , en que os nenos no se sintan atraídos pola materia que trata a webquest ou polo tipo de actividade que supon a webquest que pide algo de compromiso por parte do neno esto pode solventarse explicando como vai a webquest e de que vai o tema a tratar ou dandolles unha introducción motivadora ó tema.
REFERENCIAS BIBLIOGRÁFICAS.
Visitamos as diferntes webs para atopar toda a información que expoñemos
http://www.isabelperez.com/webquest/ información sobre as Webquest
http://elblogdemiguelymar.obolog.com/posibilidades-educativas-dos-blogs-webquest-11868 posibilidades educativas das Webquest
http://www.eduteka.org/WQ_cie0001.php3 exemplo dunha webquest de primaria
http://www.aulaintercultural.org/article.php3?id_article=394 exemplo dunha webquest de música.
Autores:
Nuria Esther Fernández García
Inés Suárez Rey
sábado, 31 de mayo de 2008
miércoles, 7 de mayo de 2008
Una imagen para mi blog
Estudantes da USC defenferon a igualdade de xénero pintando pola praza do Obradoiro e cambiando vestimentas.
Estudiantes de Ciencias da Educación mostraron as desigualdades entre homes e mulleres con dúas performances na plaza do Obradoiro, a primeira pintemos pola igualdade e a segunda ¿ evolución ou encasillamento? centrouse no intercambio de vestimentas de traballo e xoguetes cos que se socializa a homes e mulleres.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)